Por si a alguén lle interesa, esta é
unha carta que nos mandou a Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de
Melide.
Estimado/a
amigo/a:
Un ano máis,
desde a Concellaría de Igualdade e
Benestar do Concello de Melide estase a organizar o XXIII FESTIVAL GALEGO DA
TERCEIRA IDADE, ELECCIÓN DE MISS E MÍSTER GALICIA 2016 E O CAMPIONATO GALEGO DE
PASODOBRES.
Esta é unha
xornada adicada á beleza, elegancia,
simpatía dos maiores da nosa terra, unha festa onde se reúnen para pasar un día
de diversión e ocio, onde intercambian
vivencias persoais e gozan dunha programación de acordo coas súas preferencias.
É para min un
pracer poder convidalos o vindeiro 3 de xullo de 2016 (domingo) a participar no
dito evento no Cantón de San Roque, onde teñen unha cita obrigada en Melide que
non deben perder, e que nos gustaría que
destacase no seu calendario de
actividades anuais como destino obrigado e preferente de visita.
A meses da
data de celebración, e co obxectivo de intentar darlle un cambio ao certame,
estase a traballar para que ese día sexa un día para o recordo e por iso a nosa
pretensión é o de facilitar a todos os que decidan presentarse, ao igual que
aos acompañantes, as máximas facilidades para que desfruten do momento.
Contarase para iso cun espazo con persoal cualificado, adicado exclusivamente
para as persoas que vaian participar no concurso, co fin de orientar e asesorar
a cada un deles.
Quedan convidados a que pasen a dita xornada
na nosa vila, animándovos a que vos xuntedes e a que veñades o máximo de autobuses posibles ou persoas a
título persoal para pasar unha xornada con boa música, concursos, gastronomía e
paisaxe do interior de Galicia.
Coa
finalidade de coordinar todos os dispositivos que participan na celebración
deste encontro, solicítase que, de ser o caso, nos confirme a asistencia da
entidade que representa con tempo suficiente para poder coordinalos, indicando
o número de autocares que preveñen
desprazarse ao certame.
En canto á
xestión do transporte para desprazar os grupos de persoas que estean
interesadas en asistir, establécese que cada grupo deberá de facer fronte ao
custo derivado do seu propio desprazamento ata Melide.
Para
confirmar a asistencia, ou calquera outra aclaración, poderá poñerse en
contacto por calquera dos seguintes medios:
• Chamando por teléfono aos
números 981.505003 (Concello) 981505706 (
Centro Social)
• Enviando un fax ao número
981.506203 (atención de Chus López)
• Enviando un correo electrónico á
dirección mariajesus.lopez@melide.dicoruna.es
Agradézovos
de antemán a vosa colaboración, solicitando que se lle dea a máxima difusión posible a este evento que espero que
sexa do voso interese.
Sen máis,
quedando á espera de noticias.
Recibe un
cordial saúdo,
Atentamente,
María Jesús
López Mourón
Concelleira
de Igualdade e Benestar do Concello de Melide