viernes, 15 de abril de 2016

Por si a alguén lle interesa...

Por si a alguén lle interesa, esta é unha carta que nos mandou a Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide.

Estimado/a amigo/a:

Un ano máis, desde a  Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Melide estase a organizar o XXIII FESTIVAL GALEGO DA TERCEIRA IDADE, ELECCIÓN DE MISS E MÍSTER GALICIA 2016 E O CAMPIONATO GALEGO DE PASODOBRES.

Esta é unha xornada  adicada á beleza, elegancia, simpatía dos maiores da nosa terra, unha festa onde se reúnen para pasar un día de diversión e ocio,  onde intercambian vivencias persoais e gozan dunha programación de acordo coas súas preferencias.

É para min un pracer poder convidalos o vindeiro 3 de xullo de 2016 (domingo) a participar no dito evento no Cantón de San Roque, onde teñen unha cita obrigada en Melide que non deben perder, e que nos gustaría  que destacase  no seu calendario de actividades anuais como destino obrigado e preferente de visita.

A meses da data de celebración, e co obxectivo de intentar darlle un cambio ao certame, estase a traballar para que ese día sexa un día para o recordo e por iso a nosa pretensión é o de facilitar a todos os que decidan presentarse, ao igual que aos acompañantes, as máximas facilidades para que desfruten do momento. Contarase para iso cun espazo con persoal cualificado, adicado exclusivamente para as persoas que vaian participar no concurso, co fin de orientar e asesorar a cada un deles.

 Quedan convidados a que pasen a dita xornada na nosa vila, animándovos a que vos xuntedes e a que veñades  o máximo de autobuses posibles ou persoas a título persoal para pasar unha xornada con boa música, concursos, gastronomía e paisaxe do interior de Galicia.

Coa finalidade de coordinar todos os dispositivos que participan na celebración deste encontro, solicítase que, de ser o caso, nos confirme a asistencia da entidade que representa con tempo suficiente para poder coordinalos, indicando o número de autocares que preveñen  desprazarse ao certame.

En canto á xestión do transporte para desprazar os grupos de persoas que estean interesadas en asistir, establécese que cada grupo deberá de facer fronte ao custo derivado do seu propio desprazamento ata Melide.

Para confirmar a asistencia, ou calquera outra aclaración, poderá poñerse en contacto por calquera dos seguintes medios:
•                Chamando por teléfono aos números 981.505003 (Concello)                              981505706 ( Centro Social)
•                Enviando un fax ao número 981.506203 (atención de Chus López)
•                Enviando un correo electrónico á dirección mariajesus.lopez@melide.dicoruna.es
Agradézovos de antemán a vosa colaboración, solicitando que se lle dea a máxima  difusión posible a este evento que espero que sexa do voso interese.

Sen máis, quedando á espera de noticias.

Recibe un cordial saúdo,

Atentamente,

María Jesús López Mourón

Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide

No hay comentarios:

Publicar un comentario