miércoles, 24 de junio de 2015

Para todos los socios de Apretel o no, que estén inscritos en ATAM

Este resumen de servicios nos lo envió la Asesora Personal de Pontevedra-Ourense, para que  los socios de Apretel  conozcan dichos servicios. Podéis llamarla para cualquier consulta referida a los mismos. La Asesora se llama Xiana Pérez Rial y el teléfono de contacto es: 986277088


viernes, 5 de junio de 2015

RECORDAMOS

A nuestros asociados, que a la hora de rescatar el Plan de Pensiones en forma de capital y el Seguro Colectivo, hay una parte que son los “derechos consolidados” que en su día ya se tributó por ello, y ahora cuando rescatamos el Plan, nos vemos obligados a volver a tributar, al ser considerados como rendimientos del trabajo. Para ello hay que hacer una reclamación a Hacienda sobre la doble tributación de dichos derechos.


Para hacer dicha reclamación podéis pasar o ponerse en contacto con la Asociación, la hora de oficina es de 11 a 13 horas de lunes a viernes.

jueves, 30 de abril de 2015

INFORMACIÓN A LOS SOCIOS

A todos los socios de Apretel, les informamos que tenemos un servicio de asesoría jurídica, a la cual se puede acudir gratuitamente en primera consulta por cualquier tema particular.


Para ello hay que ponerse en contacto con la asociación Apretel, por teléfono o acudir a la oficina de la misma.

jueves, 23 de abril de 2015

As reformas de pensións están a dinamitar o sistema público

As reformas das pensións están a cumprir o seu obxectivo á perfección, recortar e dinamitar o sistema público de pensións.
Os últimos anos as pensións sufriron dúas grandes reformas co único obxectivo de recortalas. En 2011 o Goberno arremeteu contra o sistema público de pensións con recortes e outras medidas de axuste tremendas. En 2013, o Goberno seguiu por esta mesma liña. Todas estas reformas tiveron un mesmo obxectivo, empeorar as condicións das pensións públicas.
A reforma de 2011, as principais medidas que contiña eran: atrasar a xubilación dende os 65 anos aos 67 anos, incrementar de 15 a 25 anos o cálculo da base reguladora, subir os anos de cotización esixidos a 37 para poder cobrar o 100% da pensión, incrementar a idade mínima para a xubilación anticipada aos 63 anos, e tamén se introduciu o chamado "factor de sostibilidade", que é un mecanismo para facer recortes futuros das pensións, baixo a idea de que cada vez vivimos máis, polo que a contía das pensións debe modularse en función do tempo que se vaia recibir.
A reforma de 2013, implementou estas medidas: concretouse o "factor de sostibilidade", e eliminouse a obriga de incrementar as pensións conforme ao IPC, establecendo un "índice de revalorización" que se calcula conforme a unha complexa fórmula matemática, cun mínimo do 0,25% e un máximo do IPC máis o 0,25%.
As pensións subiron o mínimo no 2015, isto é o 0,25%. Así sucedeu tamén en 2014.
E o peor é que o grupo fiscalizador que se creou para facer seguimento da reforma do artigo 135 da constitución (para asegurar a prioridade de pagamento da débeda pública), previu que a suba das pensións será do 0,25% ata 2020, como mínimo, o que vai supoñer unha importante perda de poder adquisitivo para todas as persoas que cobran unha pensión.
Ademais, este mesmo organismo fiscalizador analizou os cálculos do Goberno nas súas previsións. A conclusión foi que a previsión sobre os ingresos do sistema de pensións que fai o Goberno non son fiables.
Isto significa que se non se cumprisen estas previsións, aínda se farían maiores recortes nas pensións públicas.

A conclusión é clara, as reformas das pensións están a cumprir o seu obxectivo á perfección, recortar e dinamitar o sistema público de pensións.